María Oruña: “Teño a sensación de que sempre hai unha historia esperándome”

A autora viguesa María Oruña publicou en febreiro de este ano a súa última novela; Un lugar a donde ir (Destino, 2017). Unha historia na que recupera os personaxes de Puerto Escondido e que profundizará no seus caracteres.

821

“Todos necesitamos unha motivación, unha chispa pola cal nos temos que levantar todas as mañás e facelo cun sorriso”

María Oruña (Vigo, 1976) é unha avogada galega pero de pai cántabro. No 2015, publica Puerto Escondido, a novela que fai que salte a palestra da literatura noir e convértea nunha gran promesa a destacar. En decembro de ese ano visita Ames, no Pazo da Peregrina, para presentar o libro entre os veciños e veciñas do concello. En febreiro deste ano, publica a súa segunda novela; Un lugar a donde ir. María quere sorprender a todos os lectores cunha nova aposta máis forte e potente pero sen perder a frescura que lle caracteriza. A Revista AMSGO! puido falar con ela para que nos conte as liñas básicas da súa escritura e ademais, anima a poboación de Ames a continuar a descubrir as súas historias.

– No 2015 publicas Puerto Escondido que foi un rotundo éxito con máis de 25.000 exemplares vendidos. Dende aquela data ata agora, que supuxo para ti a novela?

A nivel persoal foi un cambio moi potente porque non esperaba tanta repercusión e supuxo moitos viaxes, presentacións, cambios de enfoque a nivel profesional xa que aparquei o tema da avogacía para darlle máis prioridade ao proceso de escritura.

– De todas as presentacións que viviches tanto con Puerto Escondido e Un lugar a donde ir, cal sería a que salientarías?

Todas son bonitas e máis se ten que ver cos lectores e coas súas impresións ou anécdotas de persoas maiores e mozas que veñen e comentan que coñecen os sitios da novela, que se lles quedou a historia no seu interior ou incluso que foron capaces de reconciliarse coa lectura. Cando hai xente así, que veñen con toda a súa emoción e esforzo por verme e que che digan esas cousas, é algo inesquecible.

Tamén houbo unha vez, en Hinojedo (Cantabria), na que me fixeron unha presentación moi persoal na Casa da Cultura e regaláronme unha estatua dos ventos e tamén algo para o meu fillo, que o fixeron subir ao escenario. Foi realmente bonito e emotivo.

“Cambiar é moi difícil pero evolucionar é posible, creo que debería ser obrigatorio facelo”

– Se o título de Puerto Escondido tiña un significado e dis que agora Un lugar a donde ir tamén lle ocorre o mesmo. Cal é ese lugar ao que ir? Que nos queres dicir con ese título?

É un título que ten un dobre sentido, como Puerto Escondido, que tes que léelo para entendelo. Un lugar a donde ir tamén ten o seu dobre sentido e o buscaremos e o encontraremos nas súas páxinas a través dos personaxes. Todos necesitamos unha motivación, unha chispa pola cal nos temos que levantar todas as mañás e facelo cun sorriso, non estar deprimidos e non estar atrancados nunha rutina que nos poida aburrir. Vai ser sorprendente a que lugar se dirixirán os personaxes e como termina cada un e as decisións, ata as máis pequenas, van a resultar fundamentables.

– Que poderá encontrar o lector en Un lugar a donde ir?

Quixen facer algo diferente a miña novela anterior tanto na trama, contido e técnica. Encontrarase moitas curiosidades forenses e históricas e moitas deslocalizaciones, todo vai partir de Suances (Cantabria) pero falaremos doutras partes do mundo. O meu interese puro non está nese golpe de efecto para sorprender senón en contar unha historia que pode ser real, ocorrer e estar máis cerca do que parece. Quero acercar ao lector que o impensable pode ser posible.

– Como definirías a novela nunha frase ou palabra?

É algo complicado pero creo que elixiría o título; Un lugar a donde ir. Por que? Porque é o que buscarás todo o rato e cuestionarache todo dende o principio. Ti vas a saber onde se dirixen os personaxes e ademais creo que farache reflexionar sobre a onde te vas a dirixir ti mesmo seguindo a pauta que seguen os personaxes.

– Valentina e Oliver, dous dos personaxes da novela anterior, seguirán nesta nova aventura. Como é e será a evolución destas dúas persoas despois do acontecido e do que se lles está a punto de suceder?

A evolución que van vivir é forte e potente pero non por ter unha nova trama na que narrar senón por todo o que viviron. Se pensamos friamente o que lles aconteceu na novela anterior e veñen con esa bagaxe é normal que estes personaxes cambien. Por si fora pouco, nesta novela volverán a cambiar e non veremos a Valentina e Oliver do principio.

Cambiar é moi difícil pero evolucionar é posible, creo que debería ser obrigatorio facelo, entón estas dúas persoas evolucionarán tanto por Puerto Escondido como a tipo persoal e vital.

“Dise que eu estou dentro do xénero negro pero realmente eu non sei se son negra, amarela, híbrida ou todo a vez”

– Esta pregunta pode ser un pouco forte pero creo que é a realidade na que estamos a vivir. Muller escritora e tes como protagonista a unha muller axente da Garda Civil, cres que no mundo da literatura existe o machismo como tal?

Eu, persoalmente, cando escribo non penso que Valentina sexa a protagonista senón que escribo novelas moi corais porque só con ela non se sostería, ou con outro personaxe máis estelar, senón que é a forza de todos os que conforman a historia, cos seus puntos e forzas. Creo que é como na vida real; non só es ti ou o teu marido, muller, pai ou nai. É un compendio das xentes do teu arredor; o panadeiro, o veciño, o do supermercado… as persoas que conforman o teu día a día esa é a real.

Respecto ao machismo no mundo literario, non o chamaría desa forman senón que hai unha tendencia tanto nos lectores, como críticos ou libreiros que consideran que a novela escrita por unha muller, sobre todo a novela de misterio ou negra, é máis sutil ou máis suave. Fálase do domestic noir e eu non estou de acordo porque cada un ten o seu propio estilo, a súa propia voz. Dise que eu estou dentro do xénero negro pero realmente eu non sei se son negra, amarela, híbrida ou todo a vez senón que eu estou conformada de todas as miñas lecturas, é dicir, non me importa se son de homes ou mulleres senón que o importante son as historias.

“Teño a sensación de que sempre hai unha historia esperándome. Non sei o motivo que me fai investigar o tema”

– No teu anterior libro baseaches a historia nun asasinato real, nesta nova novela volverás a basearte nunha historia tan truculenta?

Neste caso non senón que a miña maligna imaxinación foi a encargada de pensar como é a novela pero tamén e verdade que todos os datos forenses ou históricos foron contrastados de primeira man.

– Como foi o proceso de documentación para que trates tanto temas de forenses ou históricos?

Documentar é a parte máis importante dunha novela e considero que é imprescindible xa que podo estar catro meses sen escribir nada mentres estou no proceso de documentación. Escribir a novela é algo completamente diferentes a este traballo que che comento. Para min é moi divertido, enamórame e estou encantada de facelo pero tamén teño que recoñecer que é traballoso porque ti non sabes onde está a historia.

Para min, como traballo, imaxínate: decido escribir sobre zapatos. Eu non teño nin idea de como vai a historia pero estou sobre a idea de que ten que tratar sobre iso e me poño a investigar para dar a lata a un zapateiro, dous, tres, cincuenta ou ir a unha fábrica, e todo por encontrar a historia.

Teño a sensación de que sempre hai unha historia esperándome. Non sei o motivo que me fai investigar o tema.

– Antes comentabas que deixaches un pouco apartado a avogacía pola escritura. A día de hoxe e tal como están as cousas, merece a pena deixalo todo para adicarse a ser escritoras as 24 horas do día?

Merece a pena non deixar de soñar pero facelo con cabeza. Todos temos unhas facturas que pagar ou unhas responsabilidades que atender. De momento, aínda non xogo na liga de que me podo permitir estar todo o día escribindo e fago outras cousas. Iso si, adícolle moitas horas porque cando fago unha aposta é algo en firme, é dicir, estou crendo en mi e teño persoas ao meu carón que me apoian.

Só se vive unha vez. Que sae mal? Pois nada, recuperarei o espazo da miña profesión para non desatender outras prioridades básicas que todos temos, pero eu son das que penso na idea de non deixar de soñar.

Esta entrevista pode encontrarse na edición de Abril 2017 da nosa REVISTA