O vindeiro sábado, día 10, ás 11h. para recadar fondos para o programa Vacacións en Paz que xestiona a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí(SOGAPS)
Este sábado, 10 de xuño, ás 11:00 horas, desenvolverase no pavillón polideportivo de Bertamiráns unha masterclass solidaria de pilates co obxectivo de recadar fondos para o programa Vacacións en Paz que xestiona a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí(SOGAPS)
Esta actividade estará dirixida e supervisada tanto por unha persoa titulada en pilates, como por fisioterapeutas colexiadas. O prezo é de 5 euros que se doarán integramente a SOGAPS