O traballador afirma que “a empresa está incumplindo parte dos pregos da licitación” ao despedir ao monitor unha vez comezado o curso
O inicio do curso académico trouxo consigo cambios, bastante desagradables, para os usuarios e usuarias das escolas deportivas. Neste caso, alumnas da clase de Pilates do Milladoiro abandonaron a aula polo cambio do monitor, no último momento, por parte da empresa que xestiona o servizo no concello.
David Sandón, o antigo monitor, declarou a este medio que a situación ven dada porque “a empresa Serviplus puxo enriba da mesa que tiñamos que traballar máis por menos” ao que o traballador negouse. Pola tarde do 2 de outubro, David recibiu unha chamada da empresa para comunicarlle que tiña a carta de despido a súa disposición. O traballador afirma que esta situación volveu a suceder o ano pasado pese a que se resolveu e apunta que “a empresa está incumplindo parte dos pregos da licitación” ao despedir ao monitor unha vez comezado o curso.
A sorpresa das alumnas foi maiúscula ao ver, ao día seguinte, que tiñan outro monitor polo que decidiron abandonar a aula para presentar un escrito no concello para que medie neste asunto. “Sabemos que a nova monitora non ten a culpa pero queremos non asistir as clases para amosar a nosa solidariedade por David” afirma unha das alumnas.