Melloras na Casa da Cultura de Bertamiráns

542

O Concello realizou recentemente melloras nos equipamentos da Casa da Cultura de Bertamiráns. As actuacións executáronse no local da biblioteca municipal. Alí melloráronse as condicións térmicas coa instalación de climatización. representa o 58,20% do investimento total.

Tamén se instalou un novo carril motorizado para a apertura e peche do telón do auditorio, e instaláronse dous proxectores de recorte con luminaria HPL e unha etapa de potencia.

Ademais, para a mellora do equipamento xeral adquiríronse dous atrís de metacrilato que inclúen dous micrófonos en cada atril.

En total, a obra custou 24.657,31 euros, dos cales 12.821,80 (52%) proceden do Concello, e os restantes 11.835,51 euros (48%) corresponden a unha axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

A infraestrutura, inaugurada en xuño de 1997, é un dos puntos neurálxico do entramado socio-cultural local. Dispón de salas de exposición, biblioteca, sala de informática, despachos, cafetaría e un auditorio que ten capacidade para 236 espectadores no patio de butacas e 80 no anfiteatro. Tamén conta cunha sala de proxección e camerinos na planta baixa.

A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, explica que “coa mellora dos equipamentos da Casa da Cultura de Bertamiráns préndese cubrir as demandas para dispoñer das oportunas infraestruturas que permitan a adecuada realización das actividades culturais que se prestan para a veciñanza de Ames”.