Miguel Alonso: “Debería revisarse todo o modelo editorial e fomentar a literatura galega moito máis”

Miguel Alonso traballa nalgúns centros do concello de Ames dando clases extraescolares de guitarra e música e por primeira vez, da o salto a narrativa coa súa primeira novela; O Caso Quintana.

632
miguel-alonso-ames-escritor

“A novela pretende ser unha homenaxe ao rapaz de cando era adolescente”

Miguel Alonso (Ferrol, 1984) é licenciando en Psicoloxía pola USC aínda que a súa carreira profesional está máis ligada á musica e a escritura. Ten varios discos no seu haber. Como poeta e escritor recibiu varias distincións por participar na elaboración de relatos colectivos. Traballa nalgúns centros do concello de Ames dando clases extraescolares de guitarra e música e por primeira vez, da o salto a narrativa coa súa primeira novela; O Caso Quintana.

Unha libro de temática negra cun toque xuvenil que de seguro fará que moitos lectores se adentren no mundo universitario á vez que poidan vivir un terrible suceso que deixará marcados a toda unha xeración de alumnos. Sara Porto e Laura Mariño son as dúas rapazas que tentarán resolver o misterio que rodea a morte do profesor Marcos Quintana.

– Licenciado en psicoloxía pero adicado ao mundo da música e das letras como poeta e escritor. Como é ter unha vida na que a música e as letras son o teu día a día?

Para min é o máis normal do mundo que son profesor de música entón estou todo o día rodeado de nenos coa guitarra. O tema da narrativa e a literatura foi máis estraño para min porque sempre estiven escribindo e nunca publiquei nada e agora de súpeto estou vendo todo.

– No mundo das letras tes certo bagaxe coa participación en diferentes publicacións colectivas de relatos e incluso con varias distincións. Agora das o salto ao mundo da novela co O caso Quintana, como foi a experiencia?

A experiencia foi moi divertida e diferente ca que estaba acostumado coa música porque son moi tortuoso cando gravo e cando traballo cos músicos. A verdade que aquí foi todo máis sinxelo e grazas a editorial que fixo un grandísimo traballo para sacar o libro á venda que estou agradecido.

– Por que che deu por escribir unha historia do xénero policíaco/negro?

A novela pretende ser unha homenaxe ao rapaz que eu de cando era adolescente. Gustábame moitísimo a novela de misterio dende Conan Doyle ata Agatha Christie e pretendín facer unha novela adicada a ese rapaz de cando era bastante adolescente e devecía por esas historias.

– A historia ten de personaxe principal a Sara Porto pero Laura Mariño tamén ten a súa couta de protagonismo. Por que elixiches a dúas estudantes de psicoloxía para converterse nos personaxes principais da novela?

Pois a verdade e que foi unha cuestión de preguiza, digamos. Eu son psicólogo e sempre me interesou o tema da criminoloxía pero nun principio non ían a ser psicólogas pero resultoume moito máis complicado tratar determinados temas da novela. Al final, despois de pensalo moito, considerei que sería mellor que foran psicólogas.

– Cando les o que lles pasa a Sara e Laura vmiguel-alonso-ames-escritor-2enche a cabeza o dúo de Sherlock e Watson. Inspirácheste nestes personaxes para poder escribir sobre elas?

Un pouco si pero máis que nos personaxes de Sherlock e Watson foi máis ben ao arquetipo dos personaxes como Poirot e outros da mesma rama. Aínda que eu penso que Laura Mariño, que é como a investigadora e pode estar máis baseada neles, Sara Porto e moi diferente a eles.

– Na historia falas dun caso de asasinato na Facultade de Psicoloxía da USC e misturas a trama propiamente negra coas aventuras das rapazas no seu primeiro ano da universidade. Foi moi difícil esa unión entre dous temas?

Non porque a verdade é que eu tiña idea de que foran dúas estudantes, sabía que tiña que saír ese tema ao comezo universitario e foi bastante sinxelo.

– No libro fálase moito dos profesores da USC e do oscurantismo en certos aspectos da súa carreira académica. Ficción ou realidade?

Hai un pouco das dúas cousas. Eu cando terminei a miña carreira estiven traballando na Facultade de Psicoloxía, non como profesor senón como becario e cousas así. Vía certas cousas, non só na Facultade de Psicoloxía, pero quería reflexar estes temas na novela porque chamáronme moito a atención

– Como definirías a túa novela en unha palabra ou unha frase?

Novela negra xuvenil do século XXI

– Volveremos a ver unha nova aventura de Sara e Laura proximamente? Ou non tes pensado publicar sobre elas?

Eu creo que si. O personaxe de Laura naceu a partir dunha serie de relatos que se foron presentando a concursos para gañar diferentes premios. Supoño que no futuro haberá un libro sobre Laura ou de relatos nos que estea ela mesma.

– Que consellos lles darías a todas as persoas que queiran publicar o seu libro?

Pois é bastante complicado porque é máis doado dar consellos como músico que coma escritor (risas). Diríalles que traballen moito o texto que queren enviar, que o envíen a diferentes editoriais ou teñen a opción da autopublicación e sobre todo, a máis importante, que teñan paciencia.

– Todo escritor adoita ter un mecanismo de inspiración para que lles cheguen as ideas. No teu caso, cal é ou son as inspiracións á hora de escribir?

Escribo dunha maneira moi automática. Todos os días me sento e comezo a escribir unha boa parrafada e logo tento traballar todo iso e non sei se hai unha couta grande de inspiración ou de traballo (risas).

– Como poderías definirte na tía faceta de escritor, compás ou mapa?

Deixome levar bastante. Teño unha certa idea cando comezo a escribir pero despois séntome e comezo a traballar e traballar ata que me atopo co que quero contar e volvo para atrás a repito unha e outra vez.

– Que pensas do papel da literatura galega neste novo século? Está afrontando ben o cambio de modelo que se está a vivir a nivel editorial en todo o mundo?

Hai moitísimos escritores interesantes na narrativa galega pero tamén é certo que temos un modelo con moi poucas editoriais potentes entón creo que falta un pequeno tramo para que as cousas poidan asentarse e reflexionar sobre o mercado galego editorial.

– Deberían as administracións públicas apoiar moito máis a literatura galega en todos os niveis?

Si, imaxino que si. De feito xa o vexo nalgúns medios de comunicación que teñen como idioma vehicular o galego non reciben a suficiente subvención que outro medio que non utilizan demasiado o galego pero se levan moito máis. Debería revisarse todo o modelo e fomentar a narrativa do noso país.

Esta entrevista pode encontrarse no número de Abril 2017 da Revista AMSGO!