Milladoiro cerrou o curso das Escolas Deportivas de Patinaxe

505

O pasado domingo 11 de xuño tivo lugar o acto de clausura das Escolas deportivas de patinaxe do Milladoiro

O curso 2016-2017 das Escolas deportivas municipais chegou ao seu fin e como todos os anos ao final de tempada celébranse os actos de clausura das diversas actividades deportivas que se ofertan dentro deste programa municipal. Deste xeito, o pasado 3 de xuño celebrouse unha festa en diferentes instalacións de Bertamiráns e do Milladoiro. Ademais, o pasado domingo 11 de xuño tivo lugar o acto de clausura das Escolas deportivas de patinaxe do Milladoiro.

Entre as 16:30 e as 17:30 horas os/as patinadores/as das escolas deportivas de patinaxe do Milladoiro realizaron unha exhibición das coreografías de grupo preparadas ao longo desde curso. O grupo 1 interpretou a coreografía “A vida nas cavernas”. O grupo 2 fixo o baile de “Mary Poppins, unha película para lembrar” (coa que participou o pasado día 18 de maio no campionato de deporte escolar da Xunta de Galicia e acadou o 8ª posto). O grupo 3 interpretou o título de “Científicos Tolos”.

Para completar a xornada, o público asistente tivo a ocasión de ver a exhibición dos bailes individuais de Miriam Villaverde, Carlo Signiorini e Idara Pensado. Ao remate das actuacións fíxose o desfile de participantes e a entrega de diplomas da actividade.