Milladoiro xa ten un parque para cans

O Concello de Ames vén de rematar os traballos de acondicionamento dun antigo parque infantil, que estaba en desuso, e converteuno nun parque para cans.

414

As persoas que leven as súas mascotas a este parque terán que cumprir unhas normas de uso do parque

O Concello de Ames vén de rematar os traballos de acondicionamento dun antigo parque infantil, que estaba en desuso, e converteuno nun parque para cans. Estas instalacións están situadas na rúa Figueiras, detrás do cuartel da Garda Civil do Milladoiro. As persoas que leven as súas mascotas a este parque terán que cumprir unhas normas de uso do parque. Nos vindeiros días instalaranse dúas papeleiras expendedoras de bolsas para recoller os excrementos dos cans. Asemade, recórdase que se está desenvolvendo unha campaña para concienciar aos propietarios de mascotas da importancia de recoller os excrementos dos seus animais. No caso de non facelo, poderase sancionar aos veciños e veciñas con multas que poden ir dende os 100 ata os 500 euros.

Os veciños e veciñas do Milladoiro que teñen cans poderán facer uso dun novo parque para mascotas que está situado na rúa Figueiras, detrás do cuartel da Garda Civil. Este parque foi acondicionado para o uso exclusivo destes animais. As obras de acondicionamento xa están rematadas. Tan só quedan por colocar dúas papeleiras expendedoras de bolsas para recoller os excrementos dos cans. As persoas que leven as súas mascotas a este parque terán que cumprir unhas normas de uso do parque.

Este é primeiro parque para mascotas que se habilita en Ames, e desde os departamentos de Medio Ambiente e Obras estase a traballar para a posta en marcha doutro espazo en Bertamiráns, nunha zona próxima ao río Ameneiral. A previsión é que entre en funcionamento antes de que remate este ano. O alcalde de Ames, José Miñones, destaca que “atendemos a unha demanda histórica dos propietarios e propietarias de mascotas que levaban tempo pedindo un espazo, agora confiamos que se lle dea un bo uso e se respecten as normas fixadas”.

O incumprimento da normativa vai ocasionar sancións a todas aquelas persoas que non respecten a súa obriga de recoller os excrementos dos seus cans

Ademais, púxose en marcha unha campaña para tratar de implicar á veciñanza amesá e concienciar ás persoas que son propietarias dalgunha mascota da importancia que ten limpar e recoller os excrementos dos seus animais. Deste xeito, o incumprimento da normativa, tipificada como infracción leve, vai ocasionar sancións a todas aquelas persoas que non respecten a súa obriga de recoller os excrementos dos seus cans. Nesta iniciativa colabora a Policía Local que vai extremar a vixilancia neste eido.

As sancións económicas irán dende os 100 ata os 500 euros, segundo se recolle na modificación de lei 1/93da lei 8/2014 de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, na que se citan as mencionadas sancións. Os ingresos procedentes das sancións impostas polos órganos competentes da administración xeral da comunidade autonómica por infraccións da devandita lei deberán destinaranse a actuacións que teñan por obxecto o fomento da protección de animais.