O Millaraio consegue a primeira medalla nun campionato de España

719

No campionato de España gañaron a primeira medalla na historia do club e no campionato galego lograron cinco triunfos

O club de atletismo MillaRaio continúa conseguindo éxitos. Nesta ocasión, este club amesán vén de participar en dúas grandes citas: no campionato de España infantil individual en Valladolid e no campionato galego cadete individual en Ferrol, onde conseguiron importantes éxitos. No campionato de España gañaron a primeira medalla na historia do club e no campionato galego lograron cinco triunfos.

Ao campionato de España infantil desprazáronse un total de 4 atletas, sendo a máxima participación do club nestes campionatos, e logrando Zulfa Muíño a primeira medalla nacional da historia do club, conseguindo o bronce na categoría de triathlon feminina E. Tamén na categoría feminina, Deki Mato, logrou un valioso oitavo posto na categoría triathlon B. Na categoría masculina, Mateo Aller logrou o posto 21 na categoría triathlon C e Iago Cid o posto 23 na categoría triathlon B.