Miñones, partidario de Sánchez, afirma que o PSOE non se desangrará

O alcalde de Ames, afín a Pedro Sánchez, nas axustadas primarias do PSOE, agarda que o partido non se desangre neste proceso

781

O alcalde de Ames, afín a Pedro Sánchez, nas axustadas primarias do PSOE, agarda que o partido non se desangre neste proceso de elección de Secretario ou Secretaria Xeral no que concorren tamén Susana Díaz e Patxi López

O alcalde de Ames, afín a Sánchez, asegura que o PSOE non se “desangrará” e rexeita “poñer a Podemos como lobo”

O alcalde de Ames, o socialista José Miñones, asegurou este domingo que o PSOE non se “desangrará” gañe quen gañe as primarias para converterse en futuro secretario ou secretaria xeral do partido, carreira na que compiten a presidenta da Xunta andaluza, Susana Díaz; o exsecretario xeral Pedro Sánchez; e o exlehendakari Patxi López.