Multitudinario cocido de Entroido para os maiores de 65 en Ames

209

O cocido dos maiores de Ames celebrouse o martes de Entroido con asistencia multitudinaria. Medio milleiro de persoas maiores de 65 anos participaron nunha comida con cocido, música a cargo do dúo Alborada e sorteo de agasallos. Foi organizado polo Concello e a XEA, coa colaboración de Tómate más fruta e Carnicería Suso. Sorteáronse varios vales de compras para gastar no comercio de Ames e unha cesta con produtos típicos de Entroido.

O alcalde de Ames, Blas García, que participou no xantar, sinalou que “estes momentos son os que vale a pena vivir, sobretodo pola alegría, a diversión e a harmonía, e porque nos permiten desconectar da rutina diaria”. Engadiu que “espero que este martes de entroido sexa o primeiro de moitos que nos queden por vivir”.