Catro días de música en Aldea Nova

685

Durante as actuacións poderanse escoitar pezas de diferentes estilos interpretadas por dúos, tríos e grupos máis numerosos

Desde este luns e ata o próximo xoves, o Centro Multiusos de Aldea Nova acollerá catro audicións musicais interpretadas polo alumnado da Escola Municipal de Música de Ames. En cada unha das actuacións, que serán ás 18:00 horas, poderase gozar dunha especialidade diferente.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames realizará, ao longo desta semana, catro audicións das especialidades que están a estudar. Durante as actuacións, que contarán con alumnas e alumnos de todos os instrumentos, poderanse escoitar pezas de diferentes estilos interpretadas por dúos, tríos e grupos máis numerosos. Todas as actuacións decorrerán ás 18:00h na aula aula 10 do Centro Multiusos de Aldea Nova.