Nadia Iglesias, bronce no campionato do mundo júnior de patinaxe artístico

1062

Nadia Iglesias xa conseguira este ano o campionado de España e Europa junior

Nadia Iglesias de Salvador acaba de conseguir na cidade china de Nanjing a medalla de bronce no campionato do mundo júnior de patinaxe artístico. A patinadora amesá quedou quinta no programa curto, pero remontou dos postos no programa longo e conseguiu un novo éxito nesta temporada, na que xa foi campioa de España e de Europa na categoría júnior. Esta campionato disputouse no marco dos World Roller Games, que ademais se organizan por primeira vez e que aglutinan a todos os deportes que engloban as federacións nacionais de patinaxe.

Nadia Iglesias, que pertence ao Club de Patinaxe Artística Maxia da Coruña, está tendo unha temporada chea de éxitos. A patinadora amesá, que está no seu primeiro ano de júnior, conseguiu a medalla de ouro nos campionatos de España e de Europa na categoría júnior. Esta rapaza de 18 anos conseguiu un feito histórico xa que gañou o primeiro campionato de Europa para o patinaxe artístico galego.

Os éxitos desta temporada continuaron coa consecución da medalla de bronce no primeiro campionato do mundo júnior de patinaxe artístico no que participou a xoven patinadora amesá. A competición comezou para a deportista do CPA Maxia, adestrada pola tamén galega Rosa García e que forma parte do corpo técnico do equipo nacional, o pasado martes co programa curto da modalidade libre, onde tras un bo exercicio finalizou en quinta posición, o que lle garantía saír no último grupo para realizar o programa longo, que se disputou onte pola mañá e no cal tiña o obxectivo de intentar alcanzar unha medalla.

Unha vez máis e grazas a un completo exercicio onde non acusou a presión de tentar superar ás grandes favoritas, como xa ocorrera en anteriores competicións nas que participou, a patinadora de Ames logrou remontar dúas posicións e facerse coa súa primeira medalla nun Mundial no que tamén debutaba, o que outorga aínda máis valor ao gran éxito conseguido pola amesá nunha modalidade na que se está traballando moi ben nos últimos anos. As italianas Rebecca Tarlazzi (ouro) e Micol Zangoli (prata) acompañaron a Nadia Igrexas nun podio histórico para a patinaxe artística galego e nacional.