A deportista Noa Martínez Funes, veciña de Ames, disputou o pasado mes de xuño en Maçanet de la Selva (Xirona) o campionato de España de seleccións autonómicas de hóckey a patíns, como integrante do combinado galego. Nesta competición, as galegas levaron a prata, tras alcanzar unha final na que perderon contra o equipo anfitrión, Cataluña, por 3-0.
Martínez é parte do equipo Hóckey Club Raxoi, con base en Santiago de Compostela, no que adestra e compite.