“Non podo máis”: teatro cómico sobre as coitas do día a día na Casa da Cultura do Milladoiro

164

O grupo municipal de teatro de Ames representará “Non podo máis!” o xoves 8 de xuño na Casa da Cultura do Milladoiro. A obra é unha comedia irreverente sobre cousas da vida cotiá que esgotan a paciencia. Será ás 20:30h, cun segundo pase o domingo 18 ás 18h na Casa de Cultura de Bertamiráns. Os convites gratuítos pódense conseguir na Billeteira electrónica do Concello.

O elenco está conformado por Carmela Pardal, Chelo Cajide, Cris Botrán, Emilia Mayo, Gene Martínez, Ilduara García, Maite Fajardo, Mirela González, Mirella Vázquez e Pablo Núñez.