Automóbiles, pisos e casas son os obxectivos dos ladróns
Fai un par de meses informábamos dunha vaga de roubos a diversos comercios de Bertamiráns a través da Avenida da Maía. Esta vez, automóbiles, pisos e casas os obxectivos dos ladróns.
Un veciño de Bertamiráns informou a este diario que na madrugada de hoxe sufriu un roubo no seu vehículo estacionado no aparcadoiro comunitario do edificio. Os ladróns leváronlle varios teléfonos móbiles e diversos obxectos que tiña no coche.
Xa fai un par de semanas, outro veciño de Bertamiráns, sufriu un roubo no seu piso e leváronlle diferentes obxectos de valor que tiña gardados no seu interior. Todos estos feitos están avisados antes as forzas de seguridade do Estado
A policía local confirmou que Bertamiráns leva sufrindo este tipo de situacións dende fai un par de meses e que están traballando para dar cos responsable dos feitos.