Novo Encontro Intercultural no Pazo da peregrina o sábado 17

147

O Pazo da Peregrina acolle o sábado 17 de xuño unha nova edición do Encontro Intercultural. Será a partir das 12h e, ademais da degustación de pratos típicos, haberá un obradoiro de cociña de nome “Cambio climático no prato”. Tamén haberá teatro, coa representación de “Vaia Tea!” de Xucrut Teatre, e unha actuación musical a cargo do músico venezolano Misael Sánchez. Completa a oferta un posto informativo e de venda de comercio xusto.

Para participar no obradoiro de cociña hai que inscribirse online. Trátase dun obradoiro de cociña sostible para concienciar á poboación sobre a cociña de aproveitamento. A actividade, dirixida á poboación de entre 15 e 35 anos, contará coa participación do cociñeiro Álex Iglesias, do restaurante Cabanas.

Na degustación haberá pratos típicos de diferentes nacionalidades realizados por veciiñanza de Ames con orixe en países como Arxentina, Colombia, Brasil, Guatemala, Venezuela, México, Nicaragua, República Dominicana, Marrocos, Ucraína e Grecia, entre outros.