Novo Milladoiro, un polígono inusual que medra a bo ritmo

A Asociación de Empresarios do Parque empresarial nace o 24 de xullo do 2003 coa intención de colmar a demanda de equipamentos e servizos nesta incipiente área industrial e comercial.

898

O éxito do polígono industrial de Milladoiro é rotundo

A Asociación de Empresarios do Parque empresarial nace o 24 de xullo do 2003 coa intención de colmar a demanda de equipamentos e servizos nesta incipiente área industrial e comercial. Con determinación fóronse conseguindo pequenos éxitos como unha correcta sinalización e novos accesos, aínda está pendente un acceso directo a autovía. A creación de novos viais que supoñan un claro alivio aos problemas relacionados co tráfico en O Milladoiro. Para isto é necesario a participación de cantos axentes sociais se vexan implicados e de cantos sectores estiveran directa o indirectamente relacionados coa actividade económica.

O Parque Empresarial Novomilladoiro, ten unha superficie total de 323.387 m2, e conta con 170 parcelas de distintos tamaños, onde as naves oscilan entre los 190 m2 a máis pequena e 4.500 m2. a máis grande. A idea inicial dos seus promotores era “ofrecer solo industrial nun Concello que carecía de el”. O Concello de Ames, necesitaba un polígono, convenientemente comunicado, onde as empresas puideran asentar os seus almacéns e a pequena industria. Así xurdiu un polígono inusual que trataba de paliar la carencia de naves para PEMES e aportar locais para profesionais autónomos, para emprendedores.

Dende a posta en marcha da primeira empresa en 2002, a día de hoxe hai unha ocupación case total, concretamente 159 empresas nas naves, 80 negocios nos lofts que se complementan con 23 comercios instalados nos baixos comerciais ubicados na entrada do polígono. É unha zona en auxe que medra a bo ritmo.

A Asociación tenta que as firmas se adapten aos novos tempos e que leven a cabo unha importante labor de promoción comercial

Na actualidade seguen a traballar na defensa de intereses das empresas ante as subministradoras de servizos, contacto coa Administración para a mellora de infraestruturas, etc. A Asociación tenta que as firmas se adapten aos novos tempos e que leven a cabo unha importante labor de promoción comercial que confira maior dinamismo ao tecido empresarial. Os servizos que se prestan están orientados cara a mellora da competitividade das empresas, a súa inserción efectiva nos mercados, a mellora e mantemento do parque empresarial.

Algún dos obxectivos que ten a Asociación do Polígono é atender as necesidades de información, formación, investigación, desenvolvemento, innovación e perfeccionamento das empresas adheridas, inspección e control das condicións do polígono, mediación de conflictos entre naves, establecemento de convenios para aproveitar en condicións favorables os servizos de entidades financeiras, consultoras, etc. elaboración de modelos de xestión entre empresas e información do polígono en xeral.

A Escola infantil Garabatos da un servizo fundamental para que os traballadores

Os sectores más representados na zona son o comercio de servizos, tanto empresas de mantemento e reparación de maquinaria industrial, instaladores eléctricos, fontanería, como de consultaría a empresas. Bo exemplo disto serían Socogas, Exlo Extintores, Comercial Matos, Rosalfrí, Astyco. As 8 asesorías instaladas nos LOFTs e nos baixos comerciais son exemplos de servizos demandados en toda a comarca.

O cliente final acude principalmente ó polígono polos comercios de decoración do fogar, como poden ser Donatela, Grupo Hydroworld, ou máis recentemente Rapidmueble; ou polos 14 talleres de reparación de automóbiles ubicados neste parque empresarial.

A sector da construción ocupa tamén un bo tramo no diagrama sectorial. Empresas como Kúpula, SSG, Técnicas Constructivas de Ocio, Segundo Rey ou Emac, Proxectos e Obras; son exemplos de resistencia na última crise.

A Escola infantil Garabatos da un servizo fundamental para que os traballadores poidan deixar os seus pequenos ben coidados e que estimulen a súa capacidade cognitiva. Como oferta complementaria teñen l5 locais de hostalería entre os que destaca o Restaurante Central pola súa atención e excelente comida.

Firmas punteiras en innovación teñen aquí a súa sede: Seragro, Global Suministros, Neoker o Nanogap

O sector das telecomunicacións veu medrar dende aquí numerosas empresas que nalgúns casos non puideron consolidarse. Ese proceso foi vital para que as máis competitivas axustasen prezos e sobreviviran neste período con amplitude de miras. Foi o caso de GST ou Altia.

Firmas punteiras en innovación teñen aquí a súa sede: Seragro, Global Suministros, Neoker o Nanogap naceron e se consolidaron neste polígono e é dende aquí onde desenvolven a súa proxección internacional.

A cantidade de empresas destinadas ao montaxe de eventos (Tesec, Escenoset, Froq Eventos, Caral Congresos) ou as produtoras cinematográficas e de TV son mostra dos servizos que cobren o día a día. Esta industria se ve complementada polas 6 empresas encadradas dentro do sector de Artes Gráficas. Xedicom, Gráficas Alonso, Servideas, son empresas que cobren unha gran porcentaxe da demanda de reprodución e creatividade para anunciantes na comunidade galega.

Moitas multinacionais ubicaron aquí os seus centros loxísticos pola posición estratéxica en vías de comunicación. Esta é a razón da existencia de tantos centros de distribución e almacenaxe. Muebles Compostela, Alimentaria Coruñesa, Panrico, Neobel, Productos Básicos del Noroeste o Distribuciones Domínguez, Bon frig, Disgal Milladoiro.

“Queremos agradecer ó concello a instalación de cámaras que redundou nun incremento na seguridade”

A evolución da Asociación vai paralela a das empresas que o conforman, é dicir, ó polígono en si. O colectivo dos empresarios dunha zona de concentración de empresas é algo a ter en conta na toma de decisións a nivel de infraestruturas de aí que deba estar composto pola totalidade das firmas ubicadas na zona, para que se poidan aunar esforzos e lograr obxectivos. Neste sentido,a Asociación din que “queremos agradecer ó concello a instalación de cámaras que redundou nun incremento na seguridade”.

Na actualidade están planificando unha serie de estratexias tendentes á mellora de las comunicacións viais para que nos momentos álxidos do ciclo económico non se formen retencións de tráfico. Consideran de primordial importancia o asfaltado da pista que comunica o polígono pola parte inferior coa aldea de Coira o que pode ser un alivio inicial mentres que non se fai o anhelado acceso directo a autovía, clave para unha posible futura ampliación do solo industrial nesta zona.

Galicia mantén os problemas e tendencias que se recoñecen no territorio nacional. A produtividade no medio e largo prazo medrará máis lentamente que nos anos 90. Non se esperan cambios radicais en innovación tecnolóxica como as vividas fai 15 anos e continuaremos coa insuficiencia de inversión. As entidades financeiras tampouco axudan en este senso. Hoxe en día miran moito a experiencia da empresa e o sector ó que pertencen. Faltan avales. Aínda así estamos asistindo a constitución de empresas por parte de persoas novas con ilusión, empresas que necesitan pouca inversión e onde pequenas diferencias coa competencia serán cruciais para a súa supervivencia. As esixencias financeiras, excesivas en moitos casos, condicionan o emprendemento.

As esixencias financeiras, excesivas en moitos casos, condicionan o emprendemento

A multitude de burocracia coa que hai que cumprir para que unha axuda sexa concedida é unha barreira importante para que moitas delas caian en saco roto.

Neste punto, cabe destacar que sería “interesante que durante os primeiros anos de vida dunha empresa, que é o período onde todo é inversión e practicamente non se recollen beneficios, os subministros básicos se cobraran a un prezo inferior por parte dos provedores e se relaxaran os avales dos créditos. A introdución desta nova política non é difícil de articular por parte das autoridades correspondentes” declaran dende a Asociación.

As perspectivas internacionais, nun mundo globalizado, condicionan o crecemento de calquera economía rexional, e, por ende a local. Os ente dos empresarios do polígono din que “ser capaces de exportar significa que somos competitivos no estranxeiro, este comportamento soe traducirse en incrementos da produtividade que tamén beneficia o mercado interno. Paralelamente, o incremento de produtividade debe traducirse en innovación continua, algo que axuda á contención de prezos. A experiencia demostra que se poden compaxinar ambos mercados”.

A micro-pequena empresa que podemos atopar no parque empresarial de Milladoiro está fundamentalmente enfocada a cubrir o mercado nacional

Entre as fortalezas e liñas de actuación para gañar competitividade internacional e mellorar as condicións de vida dos galegos debemos identificar e fomentar as actividades económicas con vantaxes competitivas, traballar en marketing os nosos produtos e servizos, dar formación e mellorar as técnicas dos nosos empresarios”. Neste sentido, Audidat Franquicia, proporciona o asesoramento suficiente para a implantación e inspección en materia de protección de datos a nivel nacional e internacional.

De todas formas a micro-pequena empresa que podemos atopar no parque empresarial de Milladoiro está fundamentalmente enfocada a cubrir o mercado nacional. Si é certo que hai empresas con actividade no estranxeiro, pero son poucas. Nesta liña podemos destacar a externalización de Neumáticos Low-Cost ou Frisonort. En ambas o trato co cliente e o incremento de produtividade é a diferenciación que fai que estas empresas tiveran éxito na súa transnacionalización.

Concretando, pode dicirse que este parque empresarial dotado de todo tipo de infraestruturas necesarias destaca polo seu dinamismo enfocado a unha actividade eminentemente comercial e loxística, gracias a súa cercanía a vías de comunicación estratéxicas, e que cubre a demanda de naves pequenas para negocios aos que se lle quedaban pequenos os locais onde iniciaron a súa andadura.