Nuria Rábano convocada para a concentración da Selección Sub-19

A deportista amesá Nuria Rábano volve a ser convocada pola Federación Española de Fútbol para a concentración que terá lugar o luns 22 de maio.

640
Nuria-Rábano

Esta convocatoria ven despois dos adestramentos que tiveron estos días en Madrid

A deportista amesá Nuria Rábano volve a ser convocada pola Federación Española de Fútbol para a concentración que terá lugar na Cidade do Fútbol nas Rozas (Madrid) o luns 22 de maio. Esta convocatoria ven despois dos adestramentos que tiveron estos días en Madrid.

A continuación, o xoves 25 desplazaranse a Hungría para comezar as rondas de eliminacións que se xogarán dende o 26 ata o 31 de maio contra Hungría, Bélxica e Rusia. Recordemos que o Europeo-17 celebrarase en agosto en Irlanda do Norte