Nutrida presenza amesá na XI Copa Akai Ryu coa escola Dokkodo

249

Sete deportistas da escola amesá de kárate Dokkodo participaron o sábado 13 de maio na XI Copa Akai Ryu en Negreira. Os karatekas lograron catro medallas en total, tanto en kata como en kumite.  

A xornada comezou coas intervencións dos máis cativos, Mateo e Tiago, que competiron en kata benxamín; e de Bruno, Jadel e Xián, que o fixeron en kata e kumite alevín. Xa en horario de tarde, foi a quenda dos máis maiores, Marcos e Raúl, que participaron tanto en kata como en kumite xuvenil.

Finalmente, os deportistas acadaron catro medallas para o club. Tiago Calvo Blanco alcanzou a prata en kata benxamín masculino; e Xián Blanco Calvo o bronce en kata alevín masculino. Pola súa banda, Jadel e Raúl Rodríguez Paulino quedaron no segundo posto en kumite alevín masculino >34 quilos e kumite xuvenil masculino <54 kilos, respectivamente. Finalmente, Bruno Varela Paz logrou o cuarto posto en kumite alevín masculino >34 quilos.