O 10 de xuño, día da seguridade viaria, haberá saída nocturna en bici, e o 17 en patinete

153

A Concellaría de Mobilidade recorda que está aberto o prazo para inscribirse nos “Rodeiros Brancos”, que se desenvolverán con motivo do día da Seguridade Viaria que se conmemora o 10 de xuño

Baixo o lema “Respecto na rúa, convivencia segura!” vanse organizar dous percorridos pola rúa nos que os/as participantes terán que ir vestidos/as de branco e cunha luz-linterna branca na cabeza, utilizando un método de mobilidade sostible. Preténdese reivindicar a utilización de medios de mobilidade sostible

En Bertamiráns, o 10 de xuño, ás 22.00h, farase unha saída nocturna en bicicleta de 8 quilómetros, mentres que no Milladoiro, o 17 de xuño, ás 22.00 horas, farase un rodeiro curto de 1.730 metros en bicicleta, monopatín, patíns ou patinete

Para participar nestas actividades é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Os/as nenos/as deberán estar acompañados/as dunha persoa adulta