O alcalde de Ames pide explicacións a Naturgy polos frecuentes cortes de luz

O alcalde de Ames, Blas García, dirixiuse esta mañá por carta á empresa Naturgy para trasladarlle a súa preocupación polos cortes de luz que dende hai varias semanas se están a sufrir en diferentes puntos do concello. O rexedor recrimínalle á empresa o “insostible” da situación e lémbralle que xestiona “un servizo básico e esencial”.

Para rematar o alcalde de Ames insta a Naturgy a facilitar información sobre o acontecido e a realizar melloras na liña. “Tendo en conta as consecuencias e prexuízos que se lle están a ocasionar aos veciños e veciñas, solicitamos que se nos informe dos motivos das incidencias referidas, así como si teñen previsto levar a cabo algún tipo de reforzo nas liñas ou melloras que permitan dar un servizo óptimo ás persoas usuarias”, indica a misiva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *