O “AMES AV LAB” brindaralle a oportunidade de materializar o seu proxecto a alumnos da USC e do CIFP Imaxe e Son de Coruña

41

“AMES AV LAB” representa un fito no sector audiovisual de Ames. Este laboratorio, cofinanciado pola Deputación da Coruña, marca un avance significativo no desenvolvemento e a promoción do sector audiovisual local. O laboratorio impulsará a produción audiovisual, fomentará o talento emerxente local e posicionará o sector audiovisual amesán como referente a nivel galego e nacional.

Dirixido a creadores con proxectos en diversas etapas de desenvolvemento, “AMES AV LAB”  ofrece un respaldo integral para materializar ideas desde a súa concepción ata a súa realización. Esta iniciativa eríxese como un apoio fundamental para a comunidade creativa, proporcionando recursos e asistencia experta para levar a cabo proxectos audiovisuais de calidade e relevancia.

O programa, cuxas inscricións permanecen abertas desde hai 15 días, foi amplamente valorado no sector, xerando un notable interese entre profesionais do ámbito audiovisual de diversos perfís e proxectos. Impulsados por esta resposta positiva e o alto nivel de consultas recibido, o equipo de “AMES AV LAB” decidiu organizar unha serie de presentacións co fin de ofrecer unha información máis completa sobre o programa. 

Inscrición e proceso de selección

Os interesados en participar en “AMES AV LAB” deben completar o formulario de inscrición dispoñible na sede electrónica do Concello de Ames ata o 12 de abril. O proceso de selección constará de dúas etapas: preselección de 30 proxectos presentados e selección, tras entrevistas personalizadas, de 15 proxectos para participar na academia de “AMES AV LAB”.

Durante oito meses, os proxectos seleccionados terán acceso a un programa formativo adaptado ás súas necesidades, así como a servizos de titorización, mentorización, asesoramento especializado e financiamento.

Para máis información: