O amesán Guillermo Carracedo acada o ouro no Europeo de surf en Dinamarca

109

O deportista amesán Guillermo Carracedo Robelo proclamouse campión de Europa en Dinamarca na modalidade SUP Waves de surf, dentro do EuroSUP 2022 que ten lugar nas augas de Hvide Sande. A vitoria deste mozo de 29 anos fronte a grandes figuras da especialidade súmase ao seu importante palmarés deportivo.

Ademais desta paixón deportiva, Guillermo Carracedo é médico de profesión. É fillo do reputado xenetista Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal na USC, e Montse Robelo, médico intensivista.

O alcalde de Ames, Blas García, trasladou a súa parabenización en redes sociais utilizando a expresión “orgullo de Ames”.