O AmesOn pásase ao soul&funk

396

O verán amesán segue movéndose ao ritmo do AmesOn. Nerea&Chocolate encargarase de animar á veciñanza no próximo concerto. O quinteto levará os seus ritmos soul&funk ao parque do Ameneiral mañá, 4 de agosto, ás 20h.

Esta serie de concertos son unha iniciativa da concellaría de Promoción Económica para dinamizar a cultura e a economía locais entre xuño e setembro. Este é o oitavo dos trece concertos previstos.

A música do “AmesON” volverá o domingo 8 de agosto coa Fase Festa con Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz .