O AmesON repite a aposta pola cultura como motor económico

0
59

Ata 13 actuacións musicais están contempladas no programa da segunda edición do AmesON, a iniciativa coa que as concellerías de Promoción Económica e Cultura buscan dinamizar a cultura e economía municipais durante o verán, contando ademais coa presenza de creadores locais. O programa pretende achegar ao veciños e veciñas múltiples actuacións musicais ao Milladoiro e Bertamiráns co fin de beneficiar aos comercios e á hostalaría.

Na presentación do AmesON estiveron presentes a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e o alcalde, Blas García. Tamén interviron José Antonio Blas Piñón, director xerente da Orquesta París de Noia e Marcos Varcácel, compoñente da orquesta e veciño de Ames.

Ana Belén Paz asegurou que seguen a traballar no Plan de reactivación. Pola súa banda, José Antonio Blas Piñón lembrou que “a maior parte de compoñentes que temos na orquesta -París de Noia-, son veciños de Ames” e prometeu “non defraudar”. Este ano preparan o espectáculo “A xira do camiño”, que esta pensado para toda a familia. Vanse dedicar 15 minutos a cancións infantís de Disney e Xabarín Club e haberá música galega, folko ou latina “para todos os gustos”, sinalou. Os teloneiros serán os gañadores do concurso “Canta con Ames”.

Marcos Varcácel, compoñente da mencionada orquesta e veciño de Ames, quixo agradecer ao Concello a iniciativa de realizar concertos dende que a normativa o permitía: “Xa o ano pasado, coa actuación, demostramos que a cultura é segura. Somos moitos veciños de Ames os que vivimos disto. Son compoñente da París de Noia dende hai 22 anos e para min é un orgullo”.

Blas García, alcalde de Ames asegurou que “aínda que organizamos todas estas actividades pensando na veciñanza, tamén as enfocamos, e máis nesta situación, para que se poida reactivar o comercio e a hostelería”. Ademais, dende o Concello pretenden axudar “a un sector tan prexudicado como é o da verbena e da orquestra”.

Calendario
O “AmesON” comezará o sábado 19 de xuño coa actuación de Sond de Caracas, na Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. O venres 25 de xuño, o Parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá ao grupo Os Piñeiros Band.

A programación de xullo comeza o venres 9 con The Goonies, no Milladoiro. O sábado 17 levarase a cabo a Primeira Edición da Festa Latina que homenaxeará Cuba. Celebrarase no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

Ellas Son actuará no Milladoiro o venres 23 e Samco, o xoves 29. Ambas actuacións serán na Praza de Manuel Murgía. O sábado 31 de xullo, na Praza da Madalena, Xosé Costela Grupo pechará os eventos de xullo.

O domingo 1 de agosto, o grupo Son de Tres estará no Milladoiro e, o mércores 4, Nerea&Chocolate, en Bertamiráns. O xoves 5, tamén en en Bertamiráns, celebrarase a Fase Festa con Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz.

Aires de Orino estará o domingo 8 e Virtual Projet, o sábado 28, no Parque do Aemeneiral.

O último mes do AmesOn péchase coa actuación da Orquesta París de Noia.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here