O atelier Juana Rique leva a Madrid a moda amesá nun desfile nupcial

151

Atelier Couture, unha das citas da Semana da Moda de Madrid, volveu converterse no escaparate dos atelieres españois na súa oitava edición, os pasados días 4 e 5 de outubro. Un das marcas que participou no Atelier Couture 2022 foi o atelier Juana Rique de Ames. Trátase dunha empresa que naceu desde a experiencia da súa tenda en Bertamiráns, Mariana, da man das irmás Ana e María Verde e de Pilar Santiago. Agora o atelier amesá, que mostrou a súa nova colección nupcial nun desfile celebrado no Palacio de Santoña, está formado por Ana e María Verde. O desfile estivo composto de pequenos sets nos que se recollen noivas moi diferentes, eso si, todas, cun denominador común: carácter fortaleza, e autenticidade.

Nesta nova colección as irmás Ana e María Verde reden homenaxe ás noivas pola valentía e forza e por seguir adiante coas súas vidas e retomar os seus plans con alegría e ilusión en canto se puido despois da pandemia. Ademais, explican que “o seu desfile estivo composto de pequenos sets nos que se recollen noivas moi diferentes, eso si, todas, cun denominador común: carácter fortaleza, e autenticidade. As mesmas características nas que pensamos cando deseñamos para unha muller no día do seu enlace. Así comezamos con Juana Rique e así continuamos”.  

Engaden que “o desfile é un agradecemento as nosas noivas. Coas súas palabras reconfortáronnos e animáronnos. Non podemos máis que agradecerllo facendo isto, o mellor que sabemos: crear prendas con ilusión para unha vida que, pese a todo, segue adiante”.

En xeral as creacións de Juana Rique caracterízanse pola riqueza dos seus tecidos, o contraste de texturas e o xogo de superposicións e bordados que outorgan presencia a pezas dignas de un coidado ajuar. Contan con cortes estudados, precisos sempre, coidados bies e un acertado manexo de tecidos máis ríxidos, conseguindo unha paradóxica lixeireza que son reflexo da boa costura, sen dúbida, característica fundamental deste atelier. Pinceladas de cor negro xogan sempre un papel principal para resaltar e contrastar liñas e/ou detalles. A forza da cor negra recorda a antigas tradicións.