O aumento de casos de COVID-19 en Ames, un gromo familiar

372

Dende o Concello infórmase que o incremento de casos de Covid-19 que houbo a semana pasada no termo municipal foi debido a un gromo familiar. Durante esta pasada fin de semana realizáronse cribados selectivos e amplos nesa contorna familiar e non se atopou ningún caso máis, co cal dende a Xerencia da Área Sanitaria entenden que o brote está controlado.

O concello de Ames atópase no nivel D de restricións, xa que con 32 casos activos ten unha incidencia inferior a 150 casos por 100.000 habitante. Aínda así, incídese en que é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade. Sigamos cumprindo de xeito estrito todas as medidas de prevención da Covid-19. Lémbrase que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 662 099 944 ou enviando un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.