O biólogo Xurxo Mariño estará no programa Apego o xoves 18

192

Novembro é o mes da Ciencia en galego e é por iso que o programa Apego do Servizo de Normalización Lingüística municipal está a poñer o foco na divulgación científica. Así, está a organizar actividades con referentes científicos e da dinamización lingüística. O vindeiro xoves, 18 de novembro, ás 20.00 h, na Casa da Cultura do Milladoiro, Xurxo Mariño falará da característica principal que nos distingue aos seres humanos: a linguaxe. A linguaxe é a principal ferramenta da creatividade, a que permite elaborar e transmitir pensamentos complexos e coa que se modela a identidade. Mariño introducirá ao público, ademais, dun xeito ameno e divertido no apaixonante funcionamento do cerebro.