O Bloque propón modificar o PXOM e crear unha praza central no Milladoiro

187

Unha praza central no Milladoiro é a proposta que protagonizou o acto do BNG de Ames celebrado onte na localidade, onde o deputado nacionalista Luís Bará acompañou ao candidato David Santomil. O encontro celebrouse na travesía do Porto e nel os nacionalistas defenderon modificar o actual PXOM tras dúas décadas en vigor. Consideran que “a dotación de novos espazos públicos debe reordenarse, ao desprazarse o eixo de ampliación e crecemento urbano cara a zona oeste”. Dende o BNG lembran que a rúa Agro do Medio gaña centralidade entre a Travesía do Porto e a Avenida Rosalía de Castro, polo que propoñen un Plan Parcial para desenvolver esta praza.

Puede ser una imagen de 3 persoas e multitude

“Resulta fundamental modificar o actual Plan Xeral de Ordenación Municipal, do ano 2002,
para dotar o Milladoiro de novos espazos públicos, corredores verdes e aparcadoiros de
proximidade”, resumen os nacionalistas. Recodan que “no

“Resulta fundamental modificar o actual Plan Xeral de Ordenación Municipal, do ano 2002,
para dotar o Milladoiro de novos espazos públicos, corredores verdes e aparcadoiros de
proximidade”, resumen os nacionalistas. Recodan que “no actual PXOM está prevista unha rotonda que, ademais de deixar sen uso este espazo, unicamente intensificaría máis o paso de vehículos”.