O Canta con Ames prepárase para a final do día 7

285

O pasado mércores 28 de xullo o concurso Canta con Ames, organizado pola concellaría de Promoción Económica, celebrou as semifinais na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, en plena celebración da festividade da Madalena. O acto foi presentado pola actriz, presentadora e veciña de Ames, María Mera. Dos 20 participantes, 6 foron seleccionados para pasar á final que se celebrará o 7 de agosto  no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

Nesta fase de semifinais cada cantante interpretou unha canción enteira, ou segmento, en galego, castelán ou inglés. Desta xornada saíron 6 seleccionados, dous por categoría, que pasaron á fase final: na categoría infantil participan Dana Virginia, de 10 anos e de Bertamiráns, e Carmen Cuevas, da mesma idade e do Milladoiro. Lara López, de Negreira e Elena Mosquera, do Milladoiro compiten na categoría xuvenil con 18 e 19 anos respectivamente. Por último, a categoría sénior estará representada por Montse Angueira, de Negreira, e Noelia Bellas, de Bugallido.

A actriz, presentadora e veciña de Ames, María Mera, foi a encargada de presentar as semifinais do Canta con Ames. Esta fase contou, ademais, coa presenza de Ángel Tames Andul, Inés Suárez Rey e María Eva Sebe García, xurado do Canta con Ames.

O xurado, composto por profesionais do mundo da música, avaliou a harmonía, ritmo, afinación, dominio da escena e interpretación. Tendo en conta os criterios, cada persoa do xurado puido outorgar a cada participante de 1 a 10 puntos por actuación.

Entre os/as participantes que non pasaron á final sorteáronse vales para gastar no comercio e na hostalaría local. Jorge López, Presidente de XEA, María Perfecta González, membro da directiva da asociación Palmira bulevar e Salomé Blanco en representación do Parque Empresarial Novo Milladoiro, fixeron entrega dos vales doados polas asociacións de comerciantes do concello.

Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica quixo agradecer: “A todos e todas as/os participantes que chegaron a Semifinal . Animalos a participar na segunda edición do Canta con Ames do próximo ano xa que grazas a ele/as axudouse a dinamizar as rúas do Concello e con iso axudar o comercio e hostalaría local”.

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá o 7 de agosto a final do concurso coincidindo coa celebración das festas da Peregrina