As prazas de tempo limitado permitirán estacionar ata media hora

253

A Concellería de Tráfico, Transporte e Mobilidade anunciou que aumentará de 10 a 30 minutos o tempo de permiso de aparcamento nas zonas con límite temporal. A medida afecta a toda a zona urbana amesá e ten como obxectivo facilitar á veciñanza o desenvolvemento das xestión que se realizan utilizando o coche como transporte. Hai 30 zonas de estacionamento limitado no municipio nas que se está procedendo a cambiar a sinalización.

Para a concelleira de Transporte, Tráfico e Mobilidade, Beatriz Martínez, a posta en marcha desta medida favorecerá a realización de compras e xestións. “Somos conscientes de que 10 minutos é un tempo moi xusto para facer calquera xestión; cremos ademais que esta ampliación a 30 minutos do permiso de estacionamento vai repercutir ademais moi favorablemente no comercio local  porque favorece a rotación dos vehículos”.

Esta medida súmase á nova limitación de velocidade a 30 quilómetros por hora. A Concellaría de Mobilidade colou varias sinais, verticais e horizontais, nas zonas urbanas de Bertamiráns e do Milladoiro.

As vías que quedan fora desta norma son a Rúa da Madalena e a Avenida da Rosalida de Castro, no Milladoiro, e Alcalde Lorenzo e a Avenida da Peregrina , en Bertamiráns, xa que non son titularidade do Concello de Ames.