O Ciclo Mestre Mateo volve a Ames co filme “Cuñados”, este mércores 14 de setembro en Bertamiráns

36

A Concellaría de Cultura retoma en setembro as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo coa película “Cuñados”, nominada na categoría de mellor longametraxe nos XX Premios Mestre Mateo. A comedia xira arredor dos esforzos de dous cuñados, Eduardo e Sabonis, para salvar a súa bodega familiar. Será o próximo mércores 14 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os convites, de balde, xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.