O club Ames Atletismo oferta xornadas de portas abertas e un campus deportivo durante o mes de setembro 

191

O club Ames Atletismo presenta a súa nova tempada deportiva 2025/26 coa posta en marcha no mes de setembro cun mes de portas abertas e un campus deportivo. Deste xeito, dende o club continuarán adestrando todas as disciplinas do atletismo dun xeito lúdico e adaptándose ás necesidades de cada atleta. Un ano máis, contará coa colaboración do Concello de Ames na cesión de instalacións deportivas e na promoción da programación deportiva.

Mes de portas abertas

O club amesán inicia a vindeira temporada cun mes de portas abertas e, deste xeito, achegar ás novas xeracións o atletismo. A través de probar e descubrir as diferentes disciplinas do deporte, preténdese facilitar que novos nenos/as practiquen e teñan interese polo atletismo. Así, ao longo do mes de setembro, as persoas interesadas (sempre nadas en 2021 ou anos anteriores) poderán acudir a adestrar todas as veces que o desexen.

O lugar de adestramento é o centro de lanzamentos de Ames (parte traseira do colexio de Ventín). As xornadas de portas abertas desenvolveranse de luns a venres, ás 18:00 horas. Para atopar máis información e realizar a inscrición pódese acceder á web de Ames Atletismo premendo nesta ligazón ou escribir ao seu enderezo electrónico, amesatletismo@gmail.com.

Campus de iniciación ao atletismo

Por outra banda, Ames Atletismo tamén ten o seu propio campus de verán, orientado tanto a atletas do club como a novas incorporacións. No caso de deportistas que xa coñezan as disciplinas, será un xeito de comezar a tempada de forma divertida e relaxada. No caso de aqueles que aínda non probaron o deporte, o campus permitiralles achegarse ás distintas modalidades desta disciplina: velocidade, saltos, lanzamentos, marcha, fondo…