O Concello aproba as obras de mellora na pista de Frenza (Tapia)

109

O Concello levará a cabo obras de mellora da seguridade viaria en Frenza (Tapia) para renovar un viario local de 265 metros de longo, que se ampliará a catro metros de anchura. Ademais, desenvolveranse cunetas transitables nas marxes para peóns. As actuacións completaranse coa limpeza das gabias para a recuperación da súa sección hidráulica, a sinalización horizontal e vertical e a reposición dun poste.

O edil responsable do departamento de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, sinala que “seguimos executando diversas obras, neste caso con fondos do POS+2023 da Deputación”. O orzamento desta intervención supera os 76.000 euros.