O Concello axuda con 40.000 € ás asociacións comerciais e profesionais

127

A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou na súa reunión do 22 de decembro conceder axudas ao comercio local do exercicio 2022, destinadas a promover as actividades das asociacións de comerciantes e profesionais do municipio. Nesta ocasión son a a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira Boulevar, as que levarán un total de 40.000 euros en axudas.

As subvencións procuran sufragar accións e proxectos de promoción comercial (35.000 euros), pero tamén os gastos de equipamento e infraestruturas. Tamén se inclúen os gastos de funcionamento (alugueiros, xestorías…).

Nestas axudas, á XEA correspóndelles 29.188,85 euros, por 9.847,35 euros á Asociación de Empresarios do Parque Empresarial Novo Milladoiro e 963,80 euros á Asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira Boulevar.