O Concello de Ames elabora unha Guía con máis de 1.000 empresas da localidade

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, realizou dende o pasado 17 de xaneiro unha recollida de datos polas empresas amesás co obxectivo de elaborar unha Guía de Empresas. Unha persoa acreditada polo Concello de Ames visitou máis de 1.000 empresas, profesionais e negocios do municipio co obxectivo de dispor de información actualizada de cada un deles. O 23 de marzo remataron as visitas ás empresas. Agora abre un prazo ata o 4 de abril, para que todas aquelas empresas que non entregaron cuberta a documentación que se lles entregou, a poidan enviar a través do correo electrónico amesnarua@concellodeames.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *