O Concello de Ames pide axuda ás asociacións veciñais para identificar as áreas da localidade sen fibra óptica

O alcalde de Ames, Blas García, enviou unha carta ás entidades veciñais solicitando colaboración para coñecer o estado actual do despregue de fibra óptica nas parroquias rurais. Desta maneira, o Concello pretende identificar as áreas que actualmente non contan con cobertura de fibra óptica, solicitando posteriormente ás entidades correspondentes que leven a cabo a instalación.

“O obxectivo é contar cunha conexión á rede que sexa de calidade”, sinalan, de forma que a veciñanza poida estudar ou traballar con normalidade. O Concello asegura que grazas a esta colaboración poderá coñecer zonas sen cobertura como primeiro paso para reclamar este servizo e que se cumpran os prazos de instalación da fibra por parte do Estado.

Pódese presentar a información a través do correo electrónico gabinete@concellodeames.gal ata o 18 de marzo (inclusive). Para resolver calquera dúbida ao respecto pódese chamar ao número de teléfono 881 07 47 30 ou escribir un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *