O Concello de Ames tínguese de laranxa polo Día Mundial da EPOC

139

A Casa do Concello de Ames ilumínase esta noite de cor laranxa na honra de todas as persoas afectadas pola EPOC, sumándose así a este movemento mundial. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, colabora coa Asociación nacional de Pacientes con EPOC (APEPOC).

A Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica afecta a un 12% da poboación maior de 40 anos en España. A EPOC é unha enfermidade crónica que representa a cuarta causa de mortalidade en España e a terceira no mundo. Ademais, o colectivo afectado pola dita enfermidade sufriu gravemente os estragos da pandemia sendo unha das morbididades máis frecuentes.