O 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, evento instituído pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciado por Alzheimer’s Disease Internacional (ADI) en 1994. Por este motivo, mañá durante a tarde – noite, a Casa do Concello iluminarase de cor verde coa intención de ser partícipes na campaña de sensibilización desta enfermidade. Baixo o lema “InvestigAcción. No itinerario da demencia”, a Confederación Española de Alzheimer expón as súas reivindicacións e propostas con motivo do Día Mundial do Alzheimer 2022.