O Concello esixe explicacións á empresa de limpeza por uso de produtos que estragan a roupa dos nenos nos parques

737

Rápida reacción do concelleiro de Obras, Blas García, tras a denuncia en redes sociais dos danos na roupa dunha nena por parte da súa mentres xogaban no parque da Praza de Chavián, en Bertamiráns. 

Noemí García denunciou en Facebook a decoloración da roupa da súa filla tras xograr nos aparellos do parque de Chavián. A muller declarou tamén na rede social que existía un sospeitoso cheiro a lixivia. 

O concelleiro da área, Blas García, púsoxe en contacto telefónico ás poucas horas do sucedido para explicarlle á afectada que o contrato coa empresa de limpeza e desinfección dos parques en cumprimento das normas contra a COVID-19 fala dun produto de secado rápido e cunha proporción de lixivia que non debería danar os tecidos nin decoloralos. O concello pedirá explicacións á empresa concesionaria do servizo para clarexar o ocurrido e esixir responsabilidades se é o caso.