O Concello habilita un vehículo adaptado para as eleccións do domingo 23

120

As persoas con dificultades para a mobilidade poderán contar cun vehículo adaptado posto en funcionamento polo Concello para as eleccións municipais do domingo 23. Inclúese recollida no domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso á casa. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co persoal da Oficina de Voluntariado de Ames chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, ata o xoves 20 de xullo, para facer a reserva do servizo.