O Concello mellorará os espazos verdes do Novo Milladoiro

69

A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou a fins da semana pasada licitar as obras de mellora de espazos verdes con acceso rodado no parque empresarial Novo Milladoiro. A obra acondicionará e mellorará os espazos existentes incrementando o número de prazas de estacionamento e reordenando o espazo. Ademais dotarase de iluminación interior estes espazos, e acondicionaranse as zonas axardinadas e sendas peonís.

Este proxecto conta cun orzamento base de licitación de 150.000 euros con cargo á primeira fase do POS+ Adicional 2/2021.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que  “actualmente existe un problema de falta de espazo para estacionar no parque empresarial Novo Milladoiro. A través desta actuación preténdese reacondicionar un espazo que xa existen incrementando as prazas de estacionamento e ao mesmo tempo habilitar novos accesos rodados ás zonas de estacionamento. Tamén se van mellorar as sendas peonís e as zonas axardinadas”.