O Concello organiza o martes de Entroido un cocido para as persoas maiores de Ames

138

O Concello organiza un evento pensado para as persoas maiores do concello. Trátase dun xantar que se celebrará o martes 21 de febreiro, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns

No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. O xantar será gratis, pero haberá que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 673 739 011 / 662 377 302. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 15 de febreiro

Posteriormente, haberá que retirar o tícket do xantar os días 16, 17 e 20 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro, na Oficina de Voluntariado de Ames ou na Casa do Concello

Tamén se disporá de servizo de autobús polas parroquias para acudir ao xantar e volver para casa. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados.