O Concello proporá a creación de vivenda pública a cambio da cesións de terreos

57

O concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, explica que “debido á falta de vivenda que existe na actualidade, tanto para alugar como para mercar, o Concello de Ames está disposto a chegar a un acordo co Instituto Galego da Vivenda e Solo para cederlle seis parcelas urbanas, situadas na localidade do Milladoiro, para desenvolver este núcleo con novas vivendas suxeitas ao réxime de protección pública”.

A intención do Goberno municipal é chegar a un acordo coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento deste terreo urbano co obxectivo de crear novas vivendas suxeitas ao réxime de protección pública. En total cederíanse 5.338 metros cadrados de terreo, que se poden urbanizar, e na que se poden construír 213 vivendas. En cinco parcelas poderíanse construír 37 vivendas en cada unha delas, mentres que noutra poderíanse crear 28 vivendas.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “este é un goberno que traballa para a veciñanza. Somos conscientes da dificultade de acceder a unha vivenda hoxe en día e a nosa obriga como Concello é dar resposta a esta demanda”.