O Concello suspende os prazos de renovación e preinscrición en programas educativos

0
43

O Concello de Ames vén de informar da supresión, debido ás circunstancias, da preinscrición e renovación dos programas 
Bos Días Cole, Comedores Escolares e Tardes Divertidas. Estas iniciativas tiñan aberto o prazo durante o mes de marzo, pero este queda interrompido e suspendido debido ao estado de alarma. 

O Goberno local asegura que se abrirá un novo prazo “cando se normalice a situación e perda vixencia a declaración do estado de alarma”. Este proceso de reapertura da convocatoria “será debidamente notificado a través da web do concello e as súas correspondentes redes sociais”, sinalan.

Compartir
Artículo anterior90 confirmados en Galicia
Artículo siguienteA Xunta lanza un autotest sobre coronavirus
AMSGO! tráeche a información local do máis preto de ti. Temos soporte online e unha publicación mensual física que repartimos de balde nos negocios, prazas e rúas de Ames.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here