A directora do centro educativo, Marisol Louro, finalizou o último Consello Escolar de xuño alegando que a reunión non podía durar máis de dúas horas
A situación que está a vivir o IES de Ames dende os últimos meses ven repercutindo nos diferentes órganos do centro. O Consello Escolar, máximo organismo de participación de pais, nais, profesores, alumnos…, leva sen ser convocado dende finais de xuño. Nesa reunión de máis de dous horas de duración, a directora do centro, Marisol Louro, sinalou que debido á normativa era obrigatorio rematar ese Consello Escolar. A propia directora do instituto indicaba que volvería a convocarse a finais de xullo. Fontes consultadas por este medio sinalaron que non hai ningún apartado na normativa que indique que as reunións non poden durar máis de dous horas.
Roberto Amarelle Garabán, profesor do IES. de Ames, presentou un escrito o 24 de xullo no que reclama que se volva a celebrar a reunión do Consello Escolar. Tamén solicita que no punto de rogos e preguntas “moitos profesores fixeron chegar unha serie de escritos que queren que se fagan públicos ante todos os membros do Consello” e que os membros do organismo poidan expresar a súa opinión en liberdade xa que “non dar esa oportunidade fai que o ambiente de traballo se deteriore e que a responsabilidade recaiga en exclusiva na Dirección do centro”.
Pola outra parte, a plataforma de Nais e Pais do Ies de Bertamirans pola Calidade no Ensino informa que o profesor citado contactou con Milagros Cajade, representante de nais e pais no Consello Escolar (e Secretaria da Directiva da ANPA do IES de Ames), coa petición de sumarse á reclamación da convocatoria do Consello. Segundo a información transmitida por dita plataforma a resposta recibida foi “estou de vacacións polo que estou desconectada ata finais de Agosto. Boas festas!”. Tamén foi enviado un correo electrónico á Directiva da ANPA para que “reclamen a continuación do citado Consello Escolar”.