“O Corno” proxectarase no Milladoiro

198

A Concellaría de Cultura programa durante o mes de novembro un novo ciclo de cine. Este mes proxectaranse Corno, de Jaione Camborda, Concha de ouro á mellor película no Festival de cine de San Sebastián 2023; e Salta, de Olga Osorio, unha longametraxe que adapta a curta Einstein-Rosen, realizada previamente pola propia directora. As proxeccións serán o martes 7 e o 14 respectivamente, sempre ás 20h, con coloquio posterior coas directoras. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.