O Delas Fest chega a Ames o 3 de setembro

221

O Delas Fest, primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa, estará por segundo ano en Ames. Entre o 3 e o 9 de setembro, a artista urugualla Fitz Licuado pintará un mural na Traseira da Casa de Cultura do Milladoiro. Ademais, o equipo de 7H Cooperativa Cultural, organizadores do evento, impartirá no Parque de Correos do Milladoiro un obradoiro que leva por título “Arte urbana con spray”. Será o sábado 5 de setembro, entre as 11 e as 14 horas e entre as 16 e as 19 e xa está aberto o prazo de inscrición. Este obradoiro ten prazas limitadas e desenvolverase respectando todas as medidas de seguridade que impón a loita contra o coronavirus. A concellaría de Igualdade exercerá de anfitriona do Delast Fest en Ames.