O espectáculo de danza Mímesis chega o venres ao Milladoiro

135

A compaía Zig Zag Teatro trae o seu espectáculo de danza ‘Mímesis’ este venres á Casa da Cultura do Milladoiro. Será ás 18h e a entrada será de balde, aínda que o convite debe retirarse previamente na billeteira electrónica municipal. O espectáculo diríxese a familias con nenas e nenos de ata tres anos de idade.

‘Mímesis’ é unha produción hispanoalemá concibido como un ritual escénico de iniciación para nenas e nenos. Zig Zag Danza é unha compañía asturiana que defende dende hai 22 anos un proxecto innovador e artesanal. Diríxea a coreógrafa Estrella García. A compañía conta cunha vintena de producións e coproducións para distintas idades.

A proposta forma parte do proxecto de intercambio cultural Camiño Escena Norte das asociacións Escena Galega, EscenAsturias, Acepae e Eskena. O seu obxectivo é mostrar a diversidade cultural, lingüística e de formatos e linguaxes escénicos da escena galega, asturiana, cántabra, vasca e navarra.