O Mitma aprobou definitivamente o proxecto de mellora da intersección da estrada N-550 coa SC-20 cun presuposto base de 592.196 euros. As actuacións comprenden a transformación do ramal de saída dende a AG-56 cara a SC-20 nun carril trenzado que se perde ao chegar á glorieta e a remodelación da intersección do lu-gar de Cruxeiras mediante a supresión do ramal de entrada dende a glorieta ao viario de acceso a Cruxeiras e a posterior remodelación da intersección a este lugar e o cambio de sentido da estrada N-550 á altura do km 67,700, sendo a distancia a recorrer 1.200 metros.
En risco polo recurso da Xunta
Este último proxecto, que leva en licitación varias semanas, está en risco de ser ralentizado ou paralizado pola Xunta de Galicia debido ao anuncio de que interporá un recurso. “O proceso de licitación acaba o día 24 deste mes, non entendemos os motivos de anunciar a estas alturas que van poñer un recurso e, moito menos, as formas”, declarou o alcalde.